Xogo de lóxica (nivel 2)
Na biblioteca hai obras das Sensombreiro e cada unha está nun andel distinto.
Segue as pistas, marca as celas e descubre unha das adicacións de cada personaxe e unha das súas obras pola posición nos andeis. (Un clic marca a cela en verde, dous en vermello, tres borra a cela)
Josefina de la Torre., que non destacou en filosofía, ten a súa obra colocada con, polo menos, outras dúas máis arriba.
Concha mendez, que destacou en poesía, ten a súa obra no andel máis alto.
Maruja Mallo, da que non sinalamos que destacara en música nin teatro, ten a súa obra con, como mínimo, outras dúas por encima.
María Teresa León, que non destacou en pintura nin filosofía, non ten a súa obra no andel máis baixo.
María Zambrano que destacou en pintura ou filosofía, ten a súa obra no cuarto andel.
Quen destacou na música (que non é Maria Teresa León) ten a súa obra por enriba do primeiro andel e por debaixo do cuarto.
Quen destacou en pintura ten a súa obra máis abaixo que María Zambrano.
MaríaTeresa León ten a súa obra xusto enriba de Maruja Mallo.