top of page

Esta sala de fugas foi creada por A. Patricia Sánchez Lamas (www.afiestradamestra.gal) e grazas a documentación de moitas persoas, bibliotecas, documentais, reportaxes, arquivos...

Nace do interese inocente por coñecer e dar a coñecer grandes vidas e obras de mulleres da Xeración do 27 que sufriron o silencio do exilio e o silencio por ser mulleres que, non so non fixo xustiza no momento senón que non foi quen de ser reparador con posterioridade.

Colle salientar que catro mulleres escollidas coma "personaxes para a aventura" son unha ínfima representación dentro das súas contemporáneas (algunhas delass sabemos nalgunha das probas do xogo).

Non sobra dicir que, a pesar da documentación e investigación, os erros poden ser múltiples, ao fin e ao cabo eu non son máis que unha mestra de escola facendo algo de material para o alumnado, material que se encadra noutras moitas accións educativas que o complementan, enriquecen e que aportan perspectivas e rigor.

Se chegaches ata aquí grazas a ti tamén por interesarte  e probar. Sempre (ou case sempre) dispoñible nas redes e en patrisanla@edu.xunta.gal ou patri.sanchezlamas@gmail.com.

Saúdos e saúde desde a fiestra.

bottom of page